O alumnado da Escola Municipal de Música Magariños de Brión ofrecerá este venres 5 de febreiro unha nova edición do seu Concerto de Entroido, que este ano chega á súa quinta edición. A actuación terá lugar no salón de actos do Centro Social Polivalente a partir das 18:00 horas. A entrada é libre e de balde.
O V Concerto de Entroido da Escola Municipal de Música Magariños conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.